viernes, 17 de abril de 2015

O PANORAMA E A PANORAMA

Xa ven A RAPA 2015; coma sempre, un ano dificultoso; pero San Lourenzo, “sed  Lorenzo nuestro abogado, pues sois nuestro patrón glorioso,” botará unha man, porque coa outra ten que suxeitar a grella. O pobo de Sabucedo e o que fai todo pola rapa; os demaís apuntanse á festa. Si e unha festa de Interés Turístico Internacional, unha das cinco de Galicia, ¿ ten axudas e promoción acorde a esa categoría? Ou son case parecidas á festa do caldo, con todo o respecto ao noso ebullicioso caldo de berzas, patacas, herbellas, unto e un anaquiño do porco, que quenta o corpo aínda que sexa verán. Senon hai cartos pa festa, secadra hainos po pobo¿ en que mellorou o pobo dende que a festa foi declarada de Interés Turístico Nacional, hai mais de 45 anos ou dende que foi declarada de Interés Turístico Internacional no 2007? ¿En que melloraron os servizos aos turistas e visitantes que nos días da rapa inundan Sabucedo?
 O monte a as bestas. As greas, o cabalo coas súas bestas, están nos seus montes dende hai miles de anos, o que nos din os escritos, e do ano 1652; agora van a ter menos montes porque van poñer cercos de aramados en 48 hectáreas para produción de vacún, subvención da UE. O DECRETO 142/2012, do 14 de xuño, polo que se establecen as normas de identificación e ordenación zoosanitaria dos animais equinos en Galicia, obriga a que os cabalos en liberdade teñan que ter o chip, e que teñan un seguro de responsabilidade. Moitos particulares abandonan as bestas no monte e din que son para o santo. Algúns curros xa non se celebran. As bestas de Sabucedo son do Santo, son do pobo; non son reses mostrencas, nin dos besteiros. De feito o Decreto, foi recorrido ante a Xunta, pero tres anos despois, non hai resultados. Está ben que se subvencione os cabalos de pura raza galega. Habería que coidar da raza autóctona de  miles de anos, os nosos; compañeiros dos de Irlanda, Inglatera e Estados Unidos, onde se consevan algúns, fillos dos que se salvaron nun naufraxio dun galeote español fronte ás costas de Florida; ou dos do sur da Rusia. Catalogar os cabalos e coidar da sua xenetica, hai estudos da fauna galega de 1861 de Victor López Serrano, e hai unha veterinaria de Sabucedo, na Asociación, que pode coidar da selección dos cabalos, e non mercalos porque sean bonitos ou “cabalazos”.
O curro ampliouse, ten tres entradas, polo que tamén ten tres saídas de emerxencia, é accesible e ten sinalizadas as prazas para persoas con mobilidade reducida.
¿E a festa? Antes a baixa era o sábado; iba moita xente o monte, a organización era daquela maneira, e as catro ou cinco da tarde chegábase a Sabucedo; o o pobo estaba cheo de xente para ver a baixada polas Cabaniñas e a chegada pola costa do Campo, e había curro pola tarde. Agora a baixa é o venres, vai bastante xente ao monte, aínda que os que traballan non poidan ir. Volveron as motos, non sei como se pode chamar ese deporte de ir detrás duns cabalos nunha moto de motocros con ese ruído tan ferinte na placidez do monte e asustando aos pacíficos animais en liberdade. Tampouco é unha competición sa, a gasolina e o ruído, fronte ás ansias de liberdade ¿onde está Seprona?  Os cabalos e as bestas non baixan ao pobo, quédanse nhun peche que non se ve dende o pobo; e os que foron ao monte chegaron o ano pasado, máis alá das sete da tarde. No  pobo apenas hai visitantes, pola noite hai verbena. O sábado pola mañán, o curro xa está cheo de xente, xente que non pode ver a chegada das bestas pola Costa do Campo  no seu percorrido pola estrada ata o curro.
No curro, os aloitadores, demostran a súa paixón e respecto polas bestas. Fóronse eliminado, o corte das orellas aos poldros, o golpe coas varas ou coas tesoiras, e as patadas ou apoiar os pés sobre ás bestas, cando están no chan. Hai un código non escrito pero comunicado dos aloitadores.
Nos arredores do curro, os postos de vendas chegan case á porta do curro, os postos de consumo de comida e bebida, están sobre o bordo da estrada, as persoas teñen problemas para andar polas aglomeracións e cando  as bestas entran ou saen do curro,  teñen que pasar case en fila, como os  ciclistas na suba ao Tourmalet.
En canto os servizos, antes a Guardia Civil estaba presente case todas a festa e a organización pagáballes a comida e a cea; agora deséñase a seguridade no Concello de la Estrada; hai policías municipais e garda civís, no curro e alrrededores, coincidindo coa presenza de autoridades; Protección Civil, ás veces, e pouca; hai unha empresa de seguridade, pagada pola asociación para ordenar a entrada e saída de automóbiles ¿que plans de prevención se establecen, máis alá da presenza dunha ambulancia durante a celebración do curro nunha aldea de 50 veciños que recibe case 20.000 visitantes?
Este é o panorama, máis ou menos como calquer panorama; pero este ano 2015, ¡¡chega a Panorama¡¡. A grande orquesta, a mellor. Un camión como un mundo que non sei como aparcará ou se hai que cortar carballos para chegar o campo da festa; unha explosión de luces, videoclips, efectos especiais; con voces en galego, en inglés e en sabrosura; con bailarinas, acróbatas, abelorios e loucura de ritmo. O gran acontecimemto, un título máis para A Rapa de Sabucedo. ¿ E si chove,  Treixadura, que ben soaría no curro ou no campo da festa, dí, deixa chover, si chove e venta….  Non, que non choiva ni faga vento, porque si fora que sí, cérrase o camión da Panorama; e o meu goso nhun poso.
Hai que carrexar moitos hovos a Santa Clara a Pontevedra para que non choiva; Teresa do Campo, coida das galiñas e de que non se perda  ni un só ovo. ¡¡Que a Rapa das Bestas de Sabucedo 2015, sexa a mellor do mundo, coma sempre ¡¡¡¡¡¡¡
PEPE DO CAMPO







 Hai moitas imaxes e moi bóas; fan falta historias, poesía e sentimentos para coñecer, sentir e vivir o mundo máxico da Rapa das Bestas de Sabucedo