miércoles, 22 de junio de 2016

RUTA A MONTOUTO PARA VER AS BESTAS

Rutas por los caminos que se pueden recorrer el día da "BAIXA", este año el viernes 1 de julio. 
Con más tranquilidad y un disfrute más personal, en pequeño grupo, se pueden realizar cualquier día de primavera, verano, e incluso en otoño. Se recomienda que soliciten la colaboración de un vecino de Sabucedo, experto conocedor del monte. Si se hace en pequeño grupo, extremen el cuidado de la naturaleza, fauna y flora, y el respeto a "las bestas".

RUTA 1



RUTA 2


RUTA 3


RUTA 4


RUTA 5





RUTA POR SABUCEDO





Sabucedo reúne por los días de la Rapa a cerca de 20.000 personas. Pero hay otros días en los que Sabucedo merece ser visitado. Una jornada por la Ruta de Sabucedo en la que se puede disfrutar de la naturaleza, de las tradiciones, de la historia inscrita en sus calles, y de instantáneas de importantes fotógrafos en las paredes de sus casas.
















CASA DAS VELLAS

Pasado el río y a las faldas del monte As Cabanillas, se ha encontrado, probablemente y según la tradición oral, la CASA DAS VELLAS, donde se refugiaron de la peste las dos ancianas, que al salvarse, donaron un caballo y una yegua a San Lorenzo. Así nació A Rapa.





MUIÑOS DE VESA CARBALLA

El recorrido por los molinos que jalonan el río, las historias y leyendas que reviven, los placeres de las noches de muiñada, el agua fresca y cantarina entre una vegetación exuberante y frondosa, son la mejor medicina para la tranquilidad, para refrescar, para dejarse llevar y para disfrutar de la calma interior.







martes, 10 de mayo de 2016

SABUCEDO UN POBO ALOITADOR, ANTES E AGORA.

No ano 1752 Sabucedo tiña 50 veciños. Deles, doce eran canteiros, once  carpinteiros, un zapateiro, un arrieiro, Xoán Cabada, un ferreiro,un escribá, un feirante, unha costureira e algunhas rapazas e rapaces. As outras once persoas eran labregos. Nese ano xuntáronse na baixa 37 bestas e algúns poldros, e fíxose a rapa no  curro.
Hoxe en  Sabucedo na semana viven 40  veciños, os fin de semana, pódese chegar os 80, na semana santa os 100  e no verán os 150; moitas casas  rehabilitáronse, moitas familias volveron e os moitos rapaces empezan a vivir Sabucedo. Na Rapa xúntanse preto das 20.000 persoas.

Fai case 400 anos, Sabucedo tiña a rapa; hoxe sigue, con 500 bestas. Antes había a Aldea de Arriba e a de Abaixo; hoxe xuntáronse. Antes había dúas tabernas, a  do Campo e a de Monteagudo, despois a de  Marisa  e a de María, agora a taberna é o Teleclub de Fátima.

Os terreos do Teleclub foron un donativo de Fernandón, O sexagenario; a súa vida non cabe nun libro.  Ademais dos  terreos, traballou na sua construción; o pobo tivo que pagar 1492 pesetas a Facenda, que ingresou o alcalde pedáneo Lino Cabada nas oficinas de Pontevedra.
Antes tiña unha Escola Nacional Mixta; daquel Mestre Regueiro saíron as primeiras xeracións de mestres,  curas, directores de caixas de aforros….; na segunda xeración mestras, mestres, avogados, catedráticos, empresarios, traballadores sociais… e na terceira veterinarias, enfermeiras médicas, avogados, periodistas, psicólogas, master en comunicación e relacións públicas, licenciadas en políticas goberno e relacións institucionais, músicos…..; a educación krausista o activismo pedagóxico e aquel humanismo da Institución Libre de la Enseñanza que chegou a Sabucedo polas Misiones Pedagógicas ou polos libros do Mestre Regueiro desapareceron coa guerra, pero non de todo en Sabucedo e foron as raíces dun pobo culto e solidario.

Antes tiña un Cura; os curas sempre foron parte do pobo; cando a desamortización de Mendizábal, viñeron a rapa funcionarios de Pontevedra, o alcalde de Cerdedo e a Garda Civil para incautarse das bestas, o cura que recibiu un chivatazo , mandou ceibar as bestas; cando chegaron as autoridades díxolles que as bestas estaban no monte e que as foran buscar. Despois da guerra veu un camión para “pasear” a Sanmartín, Monteagudos, Arestides, Antonio Miguez…. O cura Don Remigio púxose diante do camión e dixo que antes de levar os seus fregueses tiñan que lévalo a el. Cando se oía o camión polas noites, escondíanse no falado da casa de Leonor e tiñan  un fachico de palla preparado para prenderlle lume e así tocaran as campás para convocar a xente a apagar o incendio.  Aínda que houbo xente nos dous bandos, en Sabucedo respetáronse, non como en Tomonde ou  Quireza.  O cura Don Ernesto, moi do pobo, foi o que entregou a Rapa o pobo.

Nos anos da emigración, os albaneles, carpinteiros e algún ferreiro tiveron que buscar saída a unha vida sen vida. Uns pola España, outros por Alemania, Suiza, Francia  e uns poucos pola América. O efecto chamada, baleirou o pobo; os maridos chamaban as súas mulleres, os irmáns os mais pequenos, despois os primos e o fin os veciños. Si un entraba en FENOSA ou en Dragados, si traballaba en Salamanca, Madrid, Barcelona ou Zaragoza, pronto chegarían de Sabucedo; e si estaban no estranxeiro pronto estarían alá veciños  de Sabucedo para conversar en galego e empezar a chapurrear no outro idioma. Pero a Rapa era sagrada estiveran onde estiveran ainda que perderan días das vacacións ou tiveran que volver o remate da Rapa.

Outros quedáronse e a eles tamén se lle debe moito; entre eles Sanmartín ”un home que da súa boca nunca saíu unha mala palabra” home culto, autodidacta, escritor. Daba clase na caseta do curro,  poñía inxeccións,  facía as particións, escribía  e lía as cartas dos que estaban fora para súas nais ou avoas, estaba o tanto do que lles pasaba no fronte os que estaban na guerra, dirixía a construcción do lavadoiro da Portousía, escribía un diario, escribiu nos periódicos,  e escribiu unha novela. Foi o que creou o respecto pola bestas, poñendo carteis en madeiras nos días da rapa”Respetad a los animales” Cuidado pasan  caballos”; puxo a Rapa no NODO e na Televisión. Nos últimos anos, vivía a rapa con tal intensidade que tiña que marcharse e volver despois da rapa, cando todo xa pasara e o pobo estaba na calma de cualquera día. Un home de linguaxe culta, gran conversador, que vivía e sentía o pobo por encima da súa persoa, sen ambicións, sen nada nos petos pero rico nos sentimentos, dun humanismo solidario e moderno; un home adiantado o seu tempo.

As xentes de Sabucedo levan a solidariedade e a pertenza o pobo no seu ADN e na súa maneira de sentir; antes cando algún estaba nunha pelexa alí estaban todos; en Quireza  subían o palco da orquestra e dicían que xa  se acababa  a festa e ata  a Garda Civil estaba de acordo, por iso un Garda Civil de Cerdedo estaba desexando  que empezase a pelexa para cargar con todo contra os de Sabucedo; as relacións con Quireza que sempre foron duras e non permitían que os mozos de Quireza se acercaran as mozas de Sabucedo, fóronse limitando a rivalidade nos partidos de fútbol, casaron dun e outro lado e os mozos de Quireza son hoxe un puntal das bestas no monte e no curro.

Sabucedo tiña os problemas da terra, íase as catro da mañá, as veces coa escopeta, a gardar a auga de regar o Cadaval, unhas veigas  tan en pendente que a auga baixaba coma tola o río sen casi tocar a herba; tamén tiña o mal dos caciques, e cando na parcelaria che tocaba a veiga que non querías, íase pola noite a cociña de ferro de Antonio Monteagudo e deixábase algo para o enxeñeiro ou parábase o seu automobil  nos Meixons e metíase un xamón; eran tempos de caciques que dicían, como debuxaba Castelao ¿e logo o porco estaba coxo?

Hoxe Sabucedo ten vida ademais da Rapa, inda que é a Rapa a que lle da a vida; e a mellor rapa e mais respectuosa coas bestas, sin  cordas nin varas, loita nobre; ten o mellor curro, accesibel e para dúas mil persoas; ten a mellor festa do comezo do verán de toda Galicia; está declarada de interese turístico internacional, cando en Galicia eran cinco e hoxe xa son oito.

Hoxe Sabucedo ten mais cousas e a o longo de todo o ano; rehabilitáronse as casas, volveu máis xente, os netos e bisnetos xa viven Sabucedo; antes dicíase “De quen eres”, hoxe e difícil, pero chega con saber que eres de Sabucedo.

Polo pobo hai unha exposición permanente de fotografía, 12 fotógrafos de recoñecido prestixio  plasman as súas visións da Rapa en fotografías  de tamaño moi grande nas paredes das casas. Hai unha ruta polos muiños de aguas cantaneiras, pola casa das vellas, e se se quer ampliar coa subida o Monte Curuto ata a Trona da Moura e os petroglifos do Outeiro das penas. Faise con tempo pa o gozo antes de xantar, ou pola tardiña.

Si dispoñemos do día enteiro, pódese ir os Montes de Montouto  a ver as greas das bestas polas sendas que se marcan o día da Baixa; son cinco rutas para escoller e pasar o día coa paisaxe da natureza, co trinado dos paxaros saltaricos, ferreiriños, paporroibos, paspallás, carrizos, estorniños, pimpíms, xílgaros, avefrías, verderolos, andoriñas ; cos cantos do cuco, das rulas e das  pombas; cos grasnido dos corvos e das pegas; e pode avistar o voo dalgún azor,algunha anguía ou de parexas de voitres.

Bosques de toxos en flor, un mundo amárelo; de xestas máxicas e primaverais “‘perfumaditas de brea”; de fentos ou rabos de cabalo, entre os toxos, a sombra dos pinos ou as beiras dos regatos, de piorneiras para agocho dos xabaríns e dos lobos.
Colonias de pinos que rumorean a selva, que protexen a frescura das fontes, que co seu monótono fungar nos empuxan a loitar polos destinos dos eidos de Breogan.

Podemos topar algúns restos de mámoas, e  os petroglifos  do Outeiro de Pan de Trigo na ruta 3 que vai a Conla e a Pranzadoira;  si vamos pola ruta 5 o Cádavo, o monte mais alto, vémonos encima do mar, da ría de Arousa, da de Pontevedra, e un pouco da de Vigo.
Cando nos atopemos con unha grea de bestas podemos acercarnos andando amodiño e pisando sen facer ruído; elas primeiro obsérvanos e despois coma senón nos fixeran caso; se nos admiten falémoslle amodiño e borboriñando.

Na primavera ou no verán, con coidado co  sol, e co ceo limpo, pode ser un día intenso e memorable, aínda que se conte e se quede nas cámaras ou nos vídeos, mellor e o gozo pa dentro.
Si se ven a Rapa gozase dun espectáculo único, con catrocentos anos de historia; pero hoxe Sabucedo ten atractivos da natureza, do medio ambiente, de  arte polas  rúas,  da conversa dun pobo solidario e rico en tradicións; un pobo loitador e que puxa dende as súas raíces polas súas xentes.

José Manuel  Cabada  Álvarez.