Xa ven A RAPA 2015; coma sempre, un ano
dificultoso; pero San Lourenzo, “sed
Lorenzo nuestro abogado, pues sois nuestro patrón glorioso,” botará unha
man, porque coa outra ten que suxeitar a grella. O pobo de Sabucedo e o que fai
todo pola rapa; os demaís apuntanse á festa. Si e unha festa de Interés
Turístico Internacional, unha das cinco de Galicia, ¿ ten axudas e promoción
acorde a esa categoría? Ou son case
parecidas á festa do caldo, con todo o respecto ao noso ebullicioso caldo de berzas, patacas, herbellas, unto e un anaquiño
do porco, que quenta o corpo aínda que sexa verán. Senon hai cartos pa festa, secadra
hainos po pobo¿ en que mellorou o pobo dende que a festa foi declarada de
Interés Turístico Nacional, hai mais de 45 anos ou dende que foi declarada de
Interés Turístico Internacional no 2007? ¿En que melloraron os servizos aos
turistas e visitantes que nos días da rapa inundan Sabucedo?
O monte a as
bestas. As greas, o cabalo coas súas bestas, están nos seus montes dende hai
miles de anos, o que nos din os escritos, e do ano 1652; agora van a ter menos
montes porque van poñer cercos de aramados en 48 hectáreas para
produción de vacún, subvención da UE. O DECRETO 142/2012, do 14 de xuño, polo que se
establecen as normas de identificación e ordenación zoosanitaria dos animais equinos en Galicia, obriga a que os cabalos en liberdade teñan que ter o
chip, e que teñan un seguro de responsabilidade. Moitos particulares abandonan
as bestas no monte e din que son para o santo. Algúns curros xa non se
celebran. As bestas de Sabucedo son do Santo, son do pobo; non son reses
mostrencas, nin dos besteiros. De feito o Decreto, foi recorrido
ante a Xunta, pero tres anos despois, non hai resultados.
Está ben que se subvencione os cabalos de pura raza galega. Habería que coidar
da raza autóctona de miles de anos, os
nosos; compañeiros dos de Irlanda, Inglatera e Estados Unidos, onde se consevan
algúns, fillos dos que se salvaron nun naufraxio dun galeote español fronte ás
costas de Florida; ou dos do
sur da Rusia. Catalogar os cabalos e coidar da sua xenetica, hai estudos da fauna
galega de 1861 de Victor López Serrano, e hai unha veterinaria de Sabucedo, na
Asociación, que pode coidar da selección dos cabalos, e non mercalos porque
sean bonitos ou “cabalazos”.
O curro ampliouse, ten tres entradas,
polo que tamén ten tres saídas de emerxencia, é accesible e ten sinalizadas as
prazas para persoas con mobilidade reducida.
¿E a festa? Antes a baixa era o sábado; iba moita xente
o monte, a organización era daquela maneira, e as catro ou cinco da tarde
chegábase a Sabucedo; o o pobo estaba cheo de xente para ver a baixada
polas Cabaniñas e a chegada
pola costa do Campo, e había
curro pola tarde. Agora a baixa é o venres, vai bastante xente ao monte, aínda
que os que traballan non poidan ir. Volveron as
motos, non sei como se pode chamar ese deporte de ir detrás duns cabalos nunha
moto de motocros con ese ruído tan ferinte na
placidez do monte e asustando aos pacíficos animais en liberdade. Tampouco é
unha competición sa, a gasolina
e o ruído, fronte ás ansias de liberdade ¿onde está Seprona? Os cabalos e as bestas non baixan ao
pobo, quédanse nhun peche que non se ve dende o pobo; e os que foron ao monte
chegaron o ano pasado, máis alá das sete da tarde. No pobo apenas hai visitantes, pola noite hai
verbena. O sábado pola mañán, o curro xa está cheo de xente, xente que non pode
ver a chegada das bestas pola Costa do Campo no seu percorrido pola estrada ata o curro.
No curro, os aloitadores, demostran a súa paixón e respecto
polas bestas. Fóronse
eliminado, o corte das orellas aos poldros, o golpe coas
varas ou coas tesoiras, e as patadas ou apoiar os pés sobre ás bestas, cando están no
chan. Hai un código non escrito pero comunicado dos aloitadores.
Nos arredores do curro, os postos de
vendas chegan case á porta do curro, os postos de
consumo de comida e bebida, están sobre o bordo da estrada, as persoas teñen
problemas para andar polas aglomeracións e cando as bestas entran ou saen do curro, teñen que pasar case en fila, como os ciclistas na suba ao Tourmalet.
En
canto os servizos, antes a Guardia Civil estaba presente case todas a
festa e a organización pagáballes a comida e a cea; agora deséñase a seguridade
no Concello de la Estrada; hai policías
municipais e garda civís, no curro e alrrededores, coincidindo coa
presenza de autoridades; Protección Civil, ás veces, e pouca; hai unha empresa
de seguridade, pagada pola asociación para ordenar a entrada e saída de automóbiles
¿que plans de prevención se establecen, máis alá da presenza dunha ambulancia
durante a celebración do curro nunha aldea
de 50 veciños que recibe case 20.000 visitantes?
Este é o
panorama, máis ou menos como calquer panorama; pero este
ano 2015, ¡¡chega a Panorama¡¡. A grande orquesta, a mellor. Un camión como un
mundo que non sei como aparcará ou se hai que cortar carballos para chegar o
campo da festa; unha explosión de luces, videoclips, efectos
especiais; con voces en galego, en inglés e en sabrosura; con
bailarinas, acróbatas, abelorios e loucura de ritmo. O gran acontecimemto, un
título máis para A Rapa de Sabucedo. ¿ E si chove,
Treixadura, que ben soaría no curro ou no campo da festa, dí, deixa
chover, si chove e venta…. Non, que non
choiva ni faga vento, porque si fora que sí, cérrase o camión da Panorama; e o
meu goso nhun poso.
Hai que carrexar moitos hovos a Santa Clara a Pontevedra para
que non choiva; Teresa do Campo, coida das galiñas e de que non se perda ni un só ovo. ¡¡Que a Rapa das Bestas de
Sabucedo 2015, sexa a mellor do mundo, coma sempre ¡¡¡¡¡¡¡
PEPE DO
CAMPO
Hai moitas imaxes e
moi bóas; fan falta historias, poesía e sentimentos para coñecer, sentir e vivir o mundo máxico da Rapa das Bestas de Sabucedo