viernes, 17 de abril de 2015

O PANORAMA E A PANORAMA

Xa ven A RAPA 2015; coma sempre, un ano dificultoso; pero San Lourenzo, “sed  Lorenzo nuestro abogado, pues sois nuestro patrón glorioso,” botará unha man, porque coa outra ten que suxeitar a grella. O pobo de Sabucedo e o que fai todo pola rapa; os demaís apuntanse á festa. Si e unha festa de Interés Turístico Internacional, unha das cinco de Galicia, ¿ ten axudas e promoción acorde a esa categoría? Ou son case parecidas á festa do caldo, con todo o respecto ao noso ebullicioso caldo de berzas, patacas, herbellas, unto e un anaquiño do porco, que quenta o corpo aínda que sexa verán. Senon hai cartos pa festa, secadra hainos po pobo¿ en que mellorou o pobo dende que a festa foi declarada de Interés Turístico Nacional, hai mais de 45 anos ou dende que foi declarada de Interés Turístico Internacional no 2007? ¿En que melloraron os servizos aos turistas e visitantes que nos días da rapa inundan Sabucedo?
 O monte a as bestas. As greas, o cabalo coas súas bestas, están nos seus montes dende hai miles de anos, o que nos din os escritos, e do ano 1652; agora van a ter menos montes porque van poñer cercos de aramados en 48 hectáreas para produción de vacún, subvención da UE. O DECRETO 142/2012, do 14 de xuño, polo que se establecen as normas de identificación e ordenación zoosanitaria dos animais equinos en Galicia, obriga a que os cabalos en liberdade teñan que ter o chip, e que teñan un seguro de responsabilidade. Moitos particulares abandonan as bestas no monte e din que son para o santo. Algúns curros xa non se celebran. As bestas de Sabucedo son do Santo, son do pobo; non son reses mostrencas, nin dos besteiros. De feito o Decreto, foi recorrido ante a Xunta, pero tres anos despois, non hai resultados. Está ben que se subvencione os cabalos de pura raza galega. Habería que coidar da raza autóctona de  miles de anos, os nosos; compañeiros dos de Irlanda, Inglatera e Estados Unidos, onde se consevan algúns, fillos dos que se salvaron nun naufraxio dun galeote español fronte ás costas de Florida; ou dos do sur da Rusia. Catalogar os cabalos e coidar da sua xenetica, hai estudos da fauna galega de 1861 de Victor López Serrano, e hai unha veterinaria de Sabucedo, na Asociación, que pode coidar da selección dos cabalos, e non mercalos porque sean bonitos ou “cabalazos”.
O curro ampliouse, ten tres entradas, polo que tamén ten tres saídas de emerxencia, é accesible e ten sinalizadas as prazas para persoas con mobilidade reducida.
¿E a festa? Antes a baixa era o sábado; iba moita xente o monte, a organización era daquela maneira, e as catro ou cinco da tarde chegábase a Sabucedo; o o pobo estaba cheo de xente para ver a baixada polas Cabaniñas e a chegada pola costa do Campo, e había curro pola tarde. Agora a baixa é o venres, vai bastante xente ao monte, aínda que os que traballan non poidan ir. Volveron as motos, non sei como se pode chamar ese deporte de ir detrás duns cabalos nunha moto de motocros con ese ruído tan ferinte na placidez do monte e asustando aos pacíficos animais en liberdade. Tampouco é unha competición sa, a gasolina e o ruído, fronte ás ansias de liberdade ¿onde está Seprona?  Os cabalos e as bestas non baixan ao pobo, quédanse nhun peche que non se ve dende o pobo; e os que foron ao monte chegaron o ano pasado, máis alá das sete da tarde. No  pobo apenas hai visitantes, pola noite hai verbena. O sábado pola mañán, o curro xa está cheo de xente, xente que non pode ver a chegada das bestas pola Costa do Campo  no seu percorrido pola estrada ata o curro.
No curro, os aloitadores, demostran a súa paixón e respecto polas bestas. Fóronse eliminado, o corte das orellas aos poldros, o golpe coas varas ou coas tesoiras, e as patadas ou apoiar os pés sobre ás bestas, cando están no chan. Hai un código non escrito pero comunicado dos aloitadores.
Nos arredores do curro, os postos de vendas chegan case á porta do curro, os postos de consumo de comida e bebida, están sobre o bordo da estrada, as persoas teñen problemas para andar polas aglomeracións e cando  as bestas entran ou saen do curro,  teñen que pasar case en fila, como os  ciclistas na suba ao Tourmalet.
En canto os servizos, antes a Guardia Civil estaba presente case todas a festa e a organización pagáballes a comida e a cea; agora deséñase a seguridade no Concello de la Estrada; hai policías municipais e garda civís, no curro e alrrededores, coincidindo coa presenza de autoridades; Protección Civil, ás veces, e pouca; hai unha empresa de seguridade, pagada pola asociación para ordenar a entrada e saída de automóbiles ¿que plans de prevención se establecen, máis alá da presenza dunha ambulancia durante a celebración do curro nunha aldea de 50 veciños que recibe case 20.000 visitantes?
Este é o panorama, máis ou menos como calquer panorama; pero este ano 2015, ¡¡chega a Panorama¡¡. A grande orquesta, a mellor. Un camión como un mundo que non sei como aparcará ou se hai que cortar carballos para chegar o campo da festa; unha explosión de luces, videoclips, efectos especiais; con voces en galego, en inglés e en sabrosura; con bailarinas, acróbatas, abelorios e loucura de ritmo. O gran acontecimemto, un título máis para A Rapa de Sabucedo. ¿ E si chove,  Treixadura, que ben soaría no curro ou no campo da festa, dí, deixa chover, si chove e venta….  Non, que non choiva ni faga vento, porque si fora que sí, cérrase o camión da Panorama; e o meu goso nhun poso.
Hai que carrexar moitos hovos a Santa Clara a Pontevedra para que non choiva; Teresa do Campo, coida das galiñas e de que non se perda  ni un só ovo. ¡¡Que a Rapa das Bestas de Sabucedo 2015, sexa a mellor do mundo, coma sempre ¡¡¡¡¡¡¡
PEPE DO CAMPO







 Hai moitas imaxes e moi bóas; fan falta historias, poesía e sentimentos para coñecer, sentir e vivir o mundo máxico da Rapa das Bestas de Sabucedo


jueves, 2 de octubre de 2014

EL CURRO DE SABUCEDO ES ACCESIBLE


Tenemos noticias de “acurrar” as bestas desde mediados de 1600 y que se hacía en el atrio de la iglesia, aprovechando una pared de sus paredes; el arzobispado de Santiago consideró que el aloitar y cortar las crines al lado de las tumbas del cementerio y contra la pared de la iglesia  no era muy adecuado, y por ello sugirió y aprobó la construcción del curro en los aledaños de la iglesia en 1779; curro que se mejoró y amplió en 1854. Tenemos fotografías y películas del curro de los años 1940; pero en los años sesenta, la afluencia de público y el número de bestas obligaron a su ampliación: se siguió aprovechando la pared de la iglesia, colocando desde  el muro del curro una grada hasta la pared, primero de madera y más tarde con una estructura metálica para que el público pudiera estar sentado; en su frente se construyó una grada de cemento, también para estar sentados; entre ellas y desde la caseta del cura, debajo de la cual se acondicionó la zona de los potros, otra grada. Enfrente, solo se podía estar de pié sobre el muro, ya que lindaba con la carretera. En 1965 A Rapa de Sabucedo fue declarada de Interés Turístico Nacional, el público asistente fue creciendo, el número de bestas también; por el muro de la carretera, no se podía ampliar; la estructura metálica de la grada, tampoco podía crecer, y las gradas de cemento no podían subir más en altura. El feísmo de una grada tapando la iglesia, molestaba. A todo esto se añade la explosión mediática de televisiones, fotógrafos y periodistas. El entonces presidente de la Asociación da Rapa das Bestas, José Manuel Touriño, ante los riesgos de posibles accidentes por el estado de las maderas y la estructura metálica de la grada y la aglomeración de público, llegó a amenazar con la suspensión de la Rapa; la Asociación da Rapa das Bestas gestiona ante las autoridades y consigue la construcción de un curro nuevo en el Campo del Medio; se pone la primera piedra en 1955 y se inaugura en 1996. El nuevo curro se diseñó para 1800 personas, pronto se quedó pequeño y al pensar en su ampliación, hasta las 2.000 personas, se aprovechó la oportunidad de obras y se hizo accesible el acceso mediante una rampa, en el año 2012. En la visita de la inauguración, un asistente, profesional de la accesibilidad, comentó que no estaban señalizados los asientos para las personas en silla de ruedas y movilidad reducida, se le contestó que más adelante. A la mañana siguiente y antes de abrir el curro al público, una persona tenía un cartel, para colocar en la rampa “SOLO PARA MINUSVÁLIDOS”, el profesional de la accesibilidad, le advirtió que era justamente al revés, que el acceso era para todos y que ese cartel no debería de ponerse; la persona insistió en ponerlo porque obedecía órdenes, al final fue a consultar y se cambió la orden. En 2013 tampoco se señalizaron los asientos reservados para las personas con movilidad reducida. En 2014 en una visita previa del responsable del Concello de la Estrada, se le insistió en la necesidad de señalizar los asientos reservados; situados en el curro, se vio como mejor solución, señalizar una zona situada en la continuación de la rampa y otra, justo enfrente, aunque las personas en silla de ruedas tuvieran que entrar antes o molestaran a los que estaban en esa fila, o señalizar los primeros asientos de esa fila. Pero en la conversación estaba un “enterado”, que dijo que si la gente estaba sentada que no dejarían pasar a nadie. Cómo pasa con demasiada frecuencia, los “enterados” son los que mandan y solo se señalizó la parte más fácil. En la Rapa del lunes, la rapa solidaria, este año con la recaudación para la Cruz Roja, había cuatro personas en silla de ruedas en la zona señalada. La accesibilidad de los recintos públicos no está al albur de los “enterados”, es responsabilidad de los Concellos, por el DECRETO 35/2000, de 28 de enero, por el que se aprueba el Reglamento de desarrollo y ejecución de la Ley de accesibilidad y supresión de barreras en la Comunidad Autónoma de Galicia 2.3.5. Aulas, salas de reuniones y espectáculos. En salas y estadios con gradas se dispondrán espacios reservados para las sillas de ruedas, cerca de los vomitorios de acceso, con posibilidad de llegar a los mismos a través de rampas o ascensores, adaptados o practicables, según el caso. Reserva mínima de plazas adaptadas en locales de espectáculos, salas de conferencias, recintos deportivos, auditorios, aulas y otros locales con actividades análogas. De 1.001 a 2.500 plazas de capacidad total: 5 plazas de uso preferente. Tampoco este Decreto es muy generoso.
Para  que se pueda publicitar el curro como accesible, es preciso que los aseos sean accesibles o que entre los sanitarios portátiles  que se alquilan, se incluya uno adaptado para personas en silla de ruedas; y que en las proximidades del curro en la zona de aparcamientos reservados, se coloque una placa de reservado para minusválidos.
La rapa se adapta a los tiempos, no sólo con el chip para as bestas sino también para que todas las personas puedan acceder al curro y disfrutar del espectáculo en igualdad de condiciones, es un derecho de las personas con movilidad reducida.

domingo, 29 de junio de 2014

A RAPA 2014_Palmira Moreira



PALMIRA MOREIRA, Naceu en Sabucedo no ano 1914, deixounos no 2014, cen anos. Traballadora día e noite, coas vacas e na terra, tamén traballou na carretera , coma os homes, pa xuntar dúas pesetas.

 

 
No tempo da guerra, os homes ou estaban fuxidos ou nas frontes, e foron as mulleres as que baixaron as bestas do monte e as raparon no curro. Para levar a cabo esta rapa, separaron os cabalos das bestas; fixeron unhas mangas de madeira (especie de embude por onde se fan pasar as bestas), ían metendo alí as bestas, e de xeonllos encima do muro rapáronas todas unha a unha . Grazas a elas tivo continuidade a festa da Rapa; e por Palmira capitanear aquel grupo de mulleres, así as agasallou a Deputación de Pontevedra coa Medalla de Ouro.
 


 


     A súa filla Eladia casou con Pepe, que pasou a ser Pepe de Eladia; un aloitador pequeno pero áxil, fibroso, cheo de enerxía, técnica e alegría. Dos seus saltos e estilo de agarrador dou cumprida conta o Diario Pueblo de Madrid no ano 1970, coas fotografías de Carlos Corcho que sería anos mais tarde, dos millores fotógrafos da España. Este inicio mediático, foi co nome de Touriño, que anos mais tarde, o seu fillo José Manuel, continuou co nome de Touriño, xa en plena explosión mediática internacional, e tamén, o fillo pequeno, Michel, ese rostro grego de sorriso, que cando agarra e zarandea o rabo, parece que o fai o ritmo do bombo, e  coas pernas marca o paso como si estivera bailando. Pepe de Eladia consumía os poucos días de vacacións que lle daban na Suiza para vir a Rapa. Volvía a Suiza cheo de mazaduras e algunha costela rota, pero iso que levaba para a Suiza, dáballe forzas para traballar e para poder volver o ano seguinte.
     Eu de neno ia a casa de Iglesias, meus avos e tíos paternos, na Aldea de Arriba, e subía polo Cadaval; paraba diante da casa de Palmira, abría a porta, acercábame a cociña e levantaba a tapa do pote. Palmira ou Eladia, que andaban polo piso darriba: ¿quén anda aí?; como eu non lle contestaba, xa sabían que era eu. As veces comía un anaco de chourizo ou unha febra, pero as mais das veces, sentabame a carón da cociña a escoitar as cousas da vida que Palmira me contaba; e así ano tras ano.
     O ano pasado, Palmira estaba moito tempo na cama, no seu cuarto de arriba; abrín a porta, e estaban Pepe e Eladia; non levantei o pote, tampouco quixen tomar nada; e tampouco subín o cuarto.
    Nesta Semana Santa, estábamos comendo en Punta Hidalgo, en Tenerife, vendo as ondas bater e debuxar sucos de escuma branca; escoitei unha mensaxe, abrín, e era Michel: Palmira foise. Dín un berro, erguinme, e  puxenme de costas ao mar, mirando as montañas de Sabanda; e vin o Curuto, e o pé, a Palmira na súa eira, a garganta quería cantar o que Palmira me cantaba, os labios non atacaban o ritmo; saléume algo dos Sabandeños.
Palmira sempre me decía  “Ay meu filliño………



Pepe do Campo.