miércoles, 22 de junio de 2022

HONRRA A FRANCISCO SANMARTÍN MURAS (1905-1993)

(Gala da Rapa 2022)

O trinta de Xuño celebrase a Honrra os aloitadores nunha Gala no curro, que siñala o inicio da Festa da Rapa das Bestas de Sabucedo. Entre os nomeados e agasallados coa Honrra de  Aloitadores destaca a figura de Francisco Sanmartín Muras. O que sexa a título póstumo non supón que fose por esquecer, xa que os seus méritos eran craros dende a primeira convocatoria, é pola oportunidade de otorgarlle a mais grande Honrra.

O meu respecto e agradecido recoñecemento a  Francisco Sanmartín, en recordo de gratas conversas cando lle levaba xornais mesmo xa pasados e os que afíabamos dende a súa experiencia  sabia e a miña xuventude inconformista. Grazas Sanmartín.

Xa de mozo, Sanmartín tiña a rapa coma una dhas suas preocupacións  que se manifestaban no día da rapa no Curro  vello pero tamén na festa amenizada polo gaiteiro e a banda de música debaixo do Carballo Grande.

Sanmartín, Adolfo Obelleiro, Pepe  Blas e o  seminarista de Tomonde Antonio Rodríguez Fraiz eran aloitadores das mozas dende “os catro puntos cardinales: Castrleo, Tomonde,Vilalén e Codeseda” .     

Escribialle Adolfo o seminarista Antonio na rapa de 1932 “ A Sanmartín tocalle triunfar; buscao, persigueo, unha semibeleza de Codesede, ninfa do Umia; él  esquivaba coma si fora o tifus, pero ela apegadiza coma una mosca que no para de declarar a sua paixón. No ano 1933, escribe Adolfo, de  Sanmartíni: poeta, periodista, político, redentor, tenorio, anda polas alturas do espíritu por encima do que nos pasa o resto. Ese ano volveu con forza a rivalidade na baixa entre os do Cadabo e os da Planzadoira O 13 de xulio de 1937 morreu Adolfo Obelleiro no hospital de Vitoria por feridas no frente da guerra, Sanmartín deixou de escribirse con Adolfo, cartas de inxenio e debate político e social, dende as raíces de Sabucedo.

Sanmartím era un home bó respetado e querido polos amigos falangistas e polos que non o eran. En dúas ocasións viñeronno a buscar pa pasealo; non xente de Sabucedo pero si de Quireza e de Codeseda. A primeira, parou o camión no igresario e saleu toda a xente a gritar ¡¡ A Sanmarín non¡¡A Sanmartín, non¡¡¡ Unha muller era a que mais gritaba, e un  falanxista lle preguntou “E uste quen é e porque berra tanto”.  Ela respodeu ¡¡¡Teresa Blas Maestra Nacional do Estado Español, mostrando un certificado, Sanmartín e boa persoa e irmán do meu fillo Pepe¡¡¡. O camión marchou. Outra vez o camión parou no  Celeiro a preguntar por unha lista na que estaba Sanmartíin. O cura D. Remigio puxose coa escopèta diante do camión e gritou” Si queredes levar alghun feligrés, primeiro tendes que levarme a mín”. Os que estaban na lista tiñan acordado que si collían a alghún, que encenderán un fachico de palla na palleira da casa de Leonor Monteagudo e así repinicaban as campás para apagar o lume e dese xeito, chamaban a todo o pobo.

Sanmartín que non facía dano a una mosca, no se librou dhunha malleira. Unha noite iba pola carretera nas Tres Aldeas de levar una moza a súa casa, e parouno a Garda Civil e preguntoulle que facía a esas horas pola estrada, el respondeu que viña de visitar un enfermo. Non os convenceu e deronlle unas labazadas e tirarono o chan a patadas. Confesou que ía a festa; alá foi a Garda Civil que reparteu a bondo entre a xente pasmada . O que pasou foi  que uns mozos soltaron os troncos de madeira que estaban na veira da estrada a Ourense, en Pedre, e inundaron a estrada de troncos e non podía pasar ningún transporte. A Garda Civil non atopou os culpables, pero reparteu leña.

Sanmartín foi o gran defensor das bestas no monte e no curro. No monte non estaba de acordo con Felix Rodriguez de la Fuente cando defendía o lobo,  e os lobos que pola fame  do inverno, chegaban as cortes das casas de Sabucedo na busca de animais. No curro defendía que non se pegara con varas as bestas nin con patadas, que se tratara con nobreza as bestas porque elas tamén eran nobres. Nos días da rapa inundaba a carretera e o Campo do Medio de carteis escritos en madeira que  poñían: “Respetad a los caballos” Respetad a los animales", “Respetad as bestas”. Cando a rapa foi crecendo e puxose en risco, o darlle mais importancia a festa e as verbenas que as bestas, Sanmartín buscaba unha viaxe ou unha escusa pa desaparecer durante a rapa. A rapa debelle moito, e a primeira honra tiña que ser pa él, recoñecemento  que hoxe se fai.

A parte da Rapa, Sanmartín era un home bó do que nunca saeu pola súa boca unha palabra que poidera ofender a alguén de Sabucedo. Poñía inxecions, escrituraba partillas, escribía cartas dos que non sabían ler, daba clases particulares, tiña grupos en clases nocturnas. Era un home culto, leía e escribía con fluidez e paión. Era autodidacta, formouse a se mesmo. Era un home culto, lía moito, e escribía con fluidez e paixón. Era un gran mestre, estuvo traballando en Madrid tres anos como mestre nunha escola de monxas na calle Nuestra Señora de las Victorias. Non ganaba nada pero podía buscar onde ganalo; pero Madrid non podía con Sabucedo, e volveu. Escribía poesías que despois queimaba, quizais pola forza  do amor que non se acendía, ou cando a beleza murchabase; facía concursos  de poesía entre as rapazas e rapaces, e daballe cartos, que case non  tiña pa él, o que ganara o primeiro premio. Unha poesía que se conserva, foi a que lle fixo a Sara Monteagudo. Sara estaba enferma, buscábanse todolos remedios e rezos a todos os santos e virxes, e non curaba. Polo que sexa Sara curouse e Antonio Monteagudo encargoulle a Sanmartín  que lle fixera unha poesía a Virxe de Fátima. Sara recitou a poesía ante a Virxe de Fátima na porta da igresa, Antonio de Monteagudo choraba e a xente aplaudía a rabiar e felicitaba e abrazaba a Sanmartín.

Escribeu “As Memorias da retaguardia, no ano 1936", que foron parcialmente publicadas por Manuel Cabada Castro en 2013, en Metacios. Anuario Cultural de Forcarey. Terra de Montes nº ll/2003, pgs. 20-36 Escibeu a novela “Amor y Muerte en Vilanova” publicada en  “Biblioteca Virtual” de  “Galicia a Digital” na que Vilanova sería Sabucedo e  o seu protagonista Xosé Luis Súarez del Muro, sería o propio Sanmartín.

A novela faltabanlle unhas follas o principio e a finais, ou foi porque se perderon, ou porque a novela tiña certa similitude con Los Pazos de Ulloa de Emilia Pardo Bazán que non estaba moi ben vista naqueles anos.

Non se sabe  onde  iba o que escribía, mandou artigos da Rapa o Diario Pueblo de Madrid e non sabemos onde ían moitas das súas cartas. Un día chegou  O Celeiro un cochazo de cor negro e baixou una muller preguntando por Sanmartín; pero Sanmatín non estaba ¿casualidade?, pensamos que non. Aquela muller era Corin Tellado, autora de  casi 5000 novelas e traducida a 27 idiomas.¿Porqué viña Corin Tellado dende Xixón ou Cádiz na busca de Sanmatín? Corín Tellado escribía novelas do xénero romántico-sentimental, non era extraño que un romántico sentimental como era Sanmartín, se coñecera coa novelista; e só había unha maneira : por carta e con relatos semellantes.

A Sanmartín o que mais lle preocupaba era a  pobreza pero non da comida ou da roupa, A comida, onde lle cadabra, era nunha casa  donde ía a poñer unha inxeción, noutra na que estaba a facer unha partilla ou naquela cociña donde escribía unha carta pa un fillo que estaba na emigración; ou dabanlle comida “ non me dés mais ovos, teño a artesa chea e no vou a poñer un galiñeiro”. Na taberna do Campo ou na de Monteagudo non pagaba o café nin  a comida cando cadraba; na de Monteagudo ceaba moitas noites e  tomaba cafés pa facerlle compañía a don Ernesto o cura, que tiña medo pola noite e había que acompañalo moi de noite, a dormir ata casa do Mestre.

O que lle preocupaba era a pobreza de espíritu e de cultura. Ese era o traballo dhun mestre e Sanmartín era moi bó Mestre. Aprendeu con Mestre de Sabucedo e con Carballo de Tomonde e co seu compañeiro e Mestre Adolfo Obelleiro. Tivo moita relación con Fernando de Marcelo, con formación no Seminario e cos Mestres da segunda xeración  Francisco Obelleiro e Manuel Cabada Iglesias, menos co a seguinte Adolfo Cabada, Jaime Cabada, Pablo Cabada, Francisco Regueiro e o respeto e recoñocemento da seguinte Lino Castro, Manuel Obelleiro, José Manuel Cabada, e da siguiente, Rosa Cabada, Emérita Rivas, Julia Obelleiro, Anxo Cabada, Antonio Obelleiro, Dolores Cabada, Sara Monteagudo, Angelita Monteagudo, Lourdes Obelleiro, Manoli Monteagudo. Isolina Magariños. ¡¡¡Sabucedo, terra de Mestres!!! E Sanmartín moi bó Mestre e sen Título de Mestre; esa foi a súa grande queixa de toda a sua vida. Unha cousa sin xustificación, o cume da pobreza do espíritu contra a que tanto loitou.

Sanmartín foi un home bó e xeneroso, a alma da rapa das bestas de Sabucedo, que ha de manterse polo menos, tantos anos coma a súa historia.

Que esta honra tardía pero moi merecida e sentida nos axude a manter o espíritu de Sanmartín, guieiro da Rapa.

José Manuel Cabada Álvarez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario