martes, 14 de junio de 2011

A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO (Sed Lorenzo, nuestro abogado)

Sed Lorenzo, nuestro abogado...

pues sois nuestro patrón glorioso"... así se canta a novena de San Lourenzo na Igrexa de Sabucedo, ante a festividade do Patrón o 10 de agosto.
San Lourenzo defende as súas bestas, aínda que os avogados, aloitadores de Sabucedo, representan os seus intereses ante os tribunais.
En 1894 matan unha egua en Cequeril por entrar nun terreo cultivado.
Dende o ano 1915 véndense as eguas "ladradas", aquelas que entran nos terreos particulares dos veciños das parroquias próximas aos montes e causan danos nos seus prados, terreos e hortas.

Co repoboación forestal en 1955, ao acoutar as zonas e obrigar aos cambios de hábitat dás bestas, empurrouse a estas cara a terreos de cultivos dos pobos próximos, producindo danos nas sementeiras e colleitas.
Impúxose unha multa de 17.425 pesetas polos danos causados no repoboación forestal. Nun xulgado de Cuntis nun sumario contra dúas eguas
intentouse que todas as eguadas desaparecesen.
Ante as denuncias nos xulgados, culpabilizase as bestas do Santo e o párroco. Pero ás bestas que entran nos terreos unhas son do Santo, pero outras, soas, ou en compañía das do Santo, son de particulares. Como non hai un censo de bestas particulares "a culpa" é das do Santo.

Estábase a aplicar a Lei de Reses Paiolas de 1903 e o Real Decreto do 24 de abril de 1905, malia que a Constitución Española anulou tal lei e a súa aplicación.
A Xunta de Sabucedo ten establecido un seguro para sufragar os gastos derivados das incursións das bestas e propiedades particulares, pero algún propietarios prefiren cortar a situación polo "san", " esta que matamos, xa non volve entrar".
Tampouco se poden aplicar a mesma xustiza para estas bestas, que para as que están libres nos montes para beneficio dos seus donos, ou para as que teñen dispositivos daniños nas súas patas para que non se afasten moito do seu propietarios.
Hoxe existen cercados privados en zonas comunais, nos territorios e hábitat dás bestas dende séculos, para gando vacún, con subvencións da Unión Europea.

¿Porqué non se pode aplicar unha subvención para acoutar as zonas de hábitat das bestas en montes comunais para que estas puidesen gozar da súa liberdade sen necesidade de achegarse ás propiedades dos veciños das aldeas próximas?
En todo caso, unha tradición e unha festa de máis de trescentos anos, non só merece un respecto; merece o apoio e a consagración como ben cultural e patrimonial, de Sabucedo para todos.

PEPE DO CAMPO



No hay comentarios:

Publicar un comentario