lunes, 13 de junio de 2011

A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO (Un pobo aloitador)

Sabucedo un pobo aloitador


A Rapa das Bestas de Sabucedo, foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional en 1965 e de Interese Turístico Internacional en 2007. Nas votacións para ser declarada Patrimonio Inmaterial da Humanidade, en 2009, quedou undécima entre 45 candidatos.
Fálase moito dá Rapa dás Bestas, pero pouco de Sabucedo. En realidade A Rapa dás Bestas e Sabucedo son o mesmo, son inseparables, causa e efecto, alma e corpo, sentimento e pertenza; indisolubles e inseparables.

No año 1567 a peste entrou polo Grove e chegou a Sabucedo. Os aires de liberdade dos mares, coñeceunos Sabucedo dende o monte do Cadavo, o día dá Baixa dás bestas, cando ao chegar ao seu cume os mozos e mozas de Sabucedo, case rebentados, quedaban fascinados ao contemplar o mar: a Ría de Pontevedra á esquerda e a de Arousa á dereita, xuntas como case unha. Ese aire de liberdade dás bestas e do mar é unha constante na loita, Sabucedo, un pobo aloitador. Os homes e mulleres estenderon a súa loita por toda España, Europa e América., e A Rapa dás Bestas é máis coñecida no mundo global de Internet que o Camiño de Santiago.

¿De onde sae esta forza, dunha pequena aldea arrolada dende o Monte Curuto e que descansa e se limita polas cristalinas augas do seu río e a testemuña dos seus 6 muíños que moen a historia?
No ano 1752, na rapa contabilizáronse 37 eguas e os seus poldros, e os veciños eran 54. Hoxe a proporción é 800 bestas e menos de 20 veciños; proporción que cambia os fins de semana e que na Rapa se dispara, porque todos os homes e mulleres de Sabucedo, avós, fillos, netos, xenros, sobriños, primos....todos están nesa festa que lles convoca e obriga.
Xa non se di "ti de quen es" porque as familias se expandiron tanto que te perderías; hai algo que se sente que se transmite, que se palpa, que te identifica; non importa quen es, senón como te sentes, como compartes, como o vives ese sentimento.

O mestre Francisco Regueiro Moreira ( 1884-1962) foi un mestre ilustrado relacionado coa Institución Libre de Ensino de Madrid e os pedagogos krausistas de Alemaña. O mobiliario e os materiais da escola consérvanse, e estanse a estudar os seus métodos e estratexias didácticas. Formou xeracións que fixeron desta pequena aldea un pobo culto nos anos da miseria da guerra civil: catedráticos, mestres, abogados, médicos... nas seguintes xeracións biólogos, informátivos, investigadores, escritores, fotógrafos. As xeracións intermedias trasmitiron os valores de Sabucedo ás actuais, e aínda que non viven en Sabucedo, veñen a aloitar na Rapa e están aloitando todo o ano nos seus traballos: nas multinacionais, na xudicatura, na avogacía, investigando na universidade, impartindo docencia en escolas e institutos, fotógrafos, escritores topógrafos, metalúrxicos, transportistas, parados, biólogos...

Pero Sabucedo era, e é, máis que iso, é un sentimento, e o máis importante ,é como se transmite ese sentimento a través da Rapa. Como se comparte, como se convive, como se multiplica. Antonio Monteagudo, 96 anos, dicía hai pouco, " fixen de todo na vida menos de frade, o único que me importa é chegar á Rapa". As sagas continúan e dan vida a rápa, este ano cumpre 330 anos.

PEPE DO CAMPO


No hay comentarios:

Publicar un comentario